Sinopse
Así nacen as baleas conta a historia dunha liberación e, ao tempo, a viaxe de volta dunha muller nova á casa, á familia e ao pasado. Sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e vivencias estouran a través dunha linguaxe renacida, cunha maneira de narrar que descobre o mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente.
Premios
Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007
Premio Arcebispo San Clemente 2008
Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores á mellor autora de 2007
Críticas
Anxo Tarrío: “As baleas de Anxos Sumai”. Galicia Hoxe (13 de setembro de 2007)
Miguel Anxo Fernán Vello: “Sobre os premios literarios: Anxos sumai”. Galicia Hoxe (17 de novembro de 2007)
Entrevistas
Jose Lens: “Anxos sumai: a literatura é a capacidade de facerme preguntas”. Serendipia: comunicación & cultura, n.º 5 (xullo-agosto 2007)
Ficha
1ª ed. Vigo: Galaxia, 2007. 164 p. ISBN 978-84-9865-022-8
Mércao, no Andel virtual, en Biblos ou na Libraría Couceiro