24 10 06

Manolo_slide

Sinopse

24 10 06 é un universo de imaxes extraídas dunha contorna próxima e inmediata. Libro en branco e negro cunha inquidante visión sobre a desaparición e a porosidade da existencia. Os autores conciben o seu discurso como unha sucesión de imaxes duais até desenvolver unha complexa panorámica de simbolos, presididos pola recorrencia da cruz. Ruínas, sombras, camas desfeitas, pegadas na area, fendas, arbores invernais, horizontes desolados ou nubes de luz ameazante trenzan o libro como un desacougante exercicio de cicatrices e beleza estraña. (Vía Dispara)

Artigos

Xurxo Fernández: Libro de horas de un poeta, El Correo Gallego, (3 de febreiro de 2008)
Daniel Salgado: “Manuel Martínez e Anxos Sumai debuxan no po”, El País, (22 de febrero de 2008)
Xosé Manuel Sarille: “O fotógrafo Manuel Martínez”, El Correo Gallego, (10 de agosto de 2008)
Manuel Martínez reúne boa parte da súa obra creativa. Galicia Hoxe (23 de febreiro de 2008)
La fotografía más bella es, muchas veces, aquella que no se hace”, La Voz de Galicia, (5 de xuño de 2008)

Ficha

24 10 06. Manuel Martínez / Anxos Sumai
1ª ed.: Santiago de Compostela: Candeia Editora, 2007. 62 p. ISBN 84-96163-08-3

Mércao, no Andel virtual, na Biblos, na Libraría Couceiro ou na web Dispara.